PONTEXOGOS

¿QUe é pontexogos?
O evento está organizado pola Concellería de Promoción e Turismo de Pontevedra.

AS NOSAS ACTIVIDADES
CARPA INFORMATIVA E PHOTOCALL PONTEXOGOS
Que este Nadal non remate sen a túa foto no photocall de Pontexogos! Ven a tomar a túa foto e aproveita para informarte de todas as actividades infantís do programa.
OFICINA POSTAL
A oficina postal de Nadal aterrizou na cidade de Pontevedra xunto coas axudantes de Papá Noel e os Reis Magos. Asegúrate de que a túa carta chega ao seu destino e, se xa a enviaches, achégate para preguntar se xa recibiches a túa resposta.
TREN DE NADAL
Sube a bordo do tren turístico que percorrerá a cidade este Nadal. Presenta o teu tique de compra no comercio local na carpa informativa para truncalo polo teu billete.
NADAL SOBRE RODAS
Prepara a túa bici, patinete ou patíns e achégate á Avenida Montero Ríos para gozar do circuito vial libre. Percorrelo correctamente supón coñecer as diferentes sinais de tráfico que nel atoparemos, un reto moi doado para o que contaremos coa axuda dos monitores encargados de coordinar o circuito.
ROTEIROS NA CIDADE
A sección Pontepedia de Pontexogos TV sae a rúa con dous roteiros para coñecer a cidade. Achégate á carpa informativa para comezar a túa ruta e prepara o teu teléfono móbil ou cámara de fotos para participar no reto fotográfico que terá como agasallo unha mochila do programa.
O roteiro non é guiado. As e os participantes percorreran diferentes puntos da cidade a través de pistas e vídeos que se poderán visualizar a través dun enlace con código QR.
PONTEXOGOS NAS PARROQUIAS
A sección ‘Fai e desfai’ de Pontexogos TV viaxa ás parroquias! Cada sábado unha proposta creativa para decorar os fogares este Nadal da man da nosa protagonista da sección.19/12/20 - San Andrés de Xeve
26/12/20 - Cerponzóns
02/01/21 - Pontesampaio
XUNQUEIRAVENTURA EDICIÓN NADAL
Colle a túa bici para vir á Xunqueiraventura, a xincana fotográfica para a que só precisarás descifrar as pistas que che leven a completar todo o roteiro.